Este ano entre setembro e novembro organizamos un novo proxectos patrocinado pola Conselleria de Politica social e a Dirección Xeral de Inclusión Social e cofinanciado parcialmente polo FSE europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.Estas actuacións denominadas PROXECTO DE APOIO Á INCLUSIÓN ITÍNERA I e CURSO DE OFIMÁTICA EMPRESARIAL E COMERCIO ELECTRÓNICO incluirán tres novos cursos relacionados có paisaxismo, o comercio electrónico, ao tempo que, iniciamos a noso novo proxecto a "Escola de coidados" có curso inicial de habilidades prelaborais para coidadores.

♦ ACADEMIA ÁGORA

Dende Itínera impulsamos a creación dun centro de estudos co obxectivo de completar a formación académica e cultural de usuarios e usuarias que, pola irrupción da enfermidade, non puideron continuar os seus estudos ou, nalgún caso, non tiveron acceso a eles. Neste programa están incluidas actividades como: Grupo de apoio ao estudo; Informática, Escola de Idiomas; Desenvolvemento Cultural, a través de grupos de lectura, obradoiros de escritura, iniciación ao cine e servizo de biblioteca; Análise Crítico e Debate, onde as persoas voluntarias e usuarias traballan conxuntamente e reflexionan sobre temas de actualidade, e o noso equipo de Redacción que o longo de este ano reconstruirá esta mesma web.

Obxectivos:

  • Completar unha formación académica inacabada.
  • Preparar ós usuarios para unha incorporación laboral posterior.
  • Mellorar a motivación e a autoestima.
  • Incorporar ás novas tecnoloxías a persoas sen contacto anterior coa informática.
  • Adquisición de habilidades sociais e fomento das relacións interpersonais.

Descrición das actividades:

Este proxecto divídese en seis liñas:

  • Formación: clases de apoio para conseguir o graduado escolar, a ESO ou o Bacharelato.
  • Técnicas de estudio: dirixido a persoas que estean preparando unha oposición ou cursen unha carreira universitaria. Apoiaselles con clases particulares e realízase un seguimento constante. Así mesmo, ofreceselles un lugar de estudo tranquilo.
  • Escola de Idiomas: impártense clases de inglés e francés en niveles de iniciación e medio.
  • Informática: esta actividade comprende: iniciación á informática e ofimática básica (Word e Excel) e Internet.
  • Habilidades xurídicas e administrativas: introducción básica ó mundo do dereito, co obxectivo de que estas persoas sexan coñecedoras en todo momento dos seus dereitos. Tamén se lles instrúe no manexo dos seus deberes coas distintas administracións e tamén nos seus dereitos como consumidores e usuarios de todo tipo de servizos.
  • Actividades culturais: creación de grupos de lectura, obradoiros de escritura, iniciación ao cine, debate...

Lugar de realización: sede da Asociación.

 

♦ CLUBE DE LECTURA

Os participantes nesta actividade debatirán nun coloquio semanal sobre literatura.

Este obradoiro impartirase en tres bloques:

  • Charla sobre un libro ou un autor importante na historia da literatura, persoaxes literarios famosos e crítica literaria.
  • Taller de escritura: os participantes redactarán un escrito sobre o que acaban de aprender.
  • Comentario literario: cada un dos usuarios comentará o libro que está a ler pola súa conta nese momento.

Número de usuarios: ata un número de oito.

Lugar de realización: sede da Asociación.

Data de realización: venres pola mañá.

 

♦ DEBATE E ANÁLISE CRÍTICO

Cada semana propóñense unha serie de temas de actualidade e voluntarios e usuarios forman grupos para preparalos e debatilos.

Número de usuarios: aproximadamente vinte.

Lugar de realización: sede da Asociación.

Data de realización: martes pola tarde.

 

♦ INFORMÁTICA

Este programa ten varios niveis. O máis básico consiste no achegamento ó mundo da informática e dos ordenadores a internos de longa estadía no Psiquiático que non saben manexar un rato nin usar o sistema operativo Windows. No nivel máis avanzado ensínase a utilizar scanners, Photoshop, e perfeccionamento do Office, así como nocións básicas de acceso a Internet e creación da nosa páxina web.

A clases terán lugar tanto dentro do Hospital para os internos como fóra, no centro sociocultural de Fontiñas e no Aurelio Aguirre encarado para a xente dos centros de día.

Número de usuarios: ata un número de 6 por clase.

Lugar de realización: Centros Socioculturais Aurelio Aguirre (Conxo) e Fontiñas.

Data de realización: luns e mércores pola mañá e pola tarde.

 

♦ INICIACIÓN AO CINE

Os usuarios e voluntarios desta actividade participarán nun coloquio semanal sobre cine.

Este obradoiro impartirase en tres bloques:

  • Charla sobre as películas e os autores más importantes da historia do cine, así como dos detalles técnicos do rodaxe dun filme.
  • Visionado dunha película clásica.
  • Coloquio entre os participantes sobre o filme.

Número de usuarios: aproximadamente 15.

Lugar de realización: sede da Asociación.

Data de realización: xoves de 17:00 a 19:15.