A través de grupos de traballo ou cuadrillas, formadas polas persoas usuarias e voluntarias, estase a recuperar un espazo hoxe abandonado onde estaba o antigo cemiterio do Hospital Psiquiátrico de Conxo. No traballo realízase tanto a limpeza de camiños, muros, edificacións, paseos, e o seu mantemento constante.

Obxectivos:

  • Ocupar o tempo de lecer en actividades constructivas.
  • Incrementar as oportunidades de socialización e dinamización dos pacentes.
  • Incrementar a capacidade de traballo en equipo.
  • Educación medioambiental e respeto aos valores ecolóxicos.
  • Recuperación dun espacio natural axeitado para disfrute dos pacentes do centro, e no seu caso, a poboación en xeral, que leva vinte anos nun estado de abandono.
  • Dar a coñecer aos voluntarios, comunidade psiquiátrica e a poboación en xeral a importancia de edificios civís de considerable valor da arquitectura tradicional galega, edificios que eran de uso habitual en décadas pasadas no Hospital Psiquiátrico (muíño, cemiterio, lavadoiro, merendeiro).

Descrición da actividade:

Consiste na formación de grupos de traballos ou cuadrillas formadas por voluntarios sociais, ainda que neste programa as persoas con diagnóstico psiquiátrico tamén poden entrar a formar parte da categoría de voluntarios.

As actividades a realizar consisten en:

  • Limpeza de camiños, muros, edificacións, paseos... e o seu mantemento constante.
  • Clasificación de especies arbóreas e reconstrucción dos edificios en ruinas para o seu posible uso e revitalización da zona.

Lugar de realización: antiga alameda e o vello cemiterio do Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Data de realización: todo o ano, mércores pola tarde.