A Asociación Itínera nace no ano 2005 como pouso fructífero das experiencias de voluntariado levadas a cabo desde o ano 1993 no Hospital Psiquiátrico de Conxo. En esos doce anos puxéronse en marcha programas educativos, recreativos e deportivos e participaron máis de 400 voluntarios.
O obxectivo era lograr un maior nivel de socialización das persoas con trastornos mentais severos e loitar contra o empobrecemento ambiental que caracteriza á institucionalización.
Agora queremos trascender o Hospital e dar apoio a estas persoas na comunidade facilitando a súa integración, a participación social e a reducción do estigma que supón padecer unha enfemidade mental. Contamos coa axuda do Centro Especial de Emprego, ERIT.
Para isto ofrecemos unha serie de programas e actividades que nestas páxinas vos presentamos a todos.